top of page
Foto del escritorSondanza

Día Internacional da Danza 2020

Dende 1982 conmemórase cada 29 de abril o Día Internacional da Danza. Normalmente este día celébrase con actuacións e clases gratuítas, pero debido á pandemia que estamos a vivir, este ano será moi diferente.

Cada ano un artista internacional adica unhas palabras de reflexión sobre a danza. En 2020 é o turno de Gregory Vuyani Maqoma, bailarín, coreógrafo, docente e actor de Sudáfrica.


"Foi durante unha entrevista que tiven hai pouco cando reflexionei profundamente sobre a danza. Que significa para min? Na miña resposta houben de analizar a miña viaxe e decateime de que trátase todo dun reto; que cada día repesenta un novo desafío que hai que afrontar, e é a través da danza como eu lle trato de dar sentido ao mundo.


Estamos a atravesar traxedias inimaxinables nun tempo que mellor podería describir como a era posthumana. Máis ca nunca precisamos bailar para recordarlle ao mundo que a solidariedade existe. A nosa danza debe máis ca nunca dar un forte sinal aos líderes mundiais, a aqueles a quen se lles confía salvagardar e mellorar as condicións humanas, de que somos un exército de pensadores furiosos e que o noso propósito esforzáse por cambiar o mundo paso a paso.

A danza é liberdade e a través dela debemos liberar aos demais das trampas que afrontan nos diferentes rincóns do mundo. A danza non é política, senón que de volta política porque leva na súa fibra unha conexión humana e por iso da resposta ás circunstancias no seu intento de restaurar a dignidade humana.


A medida que bailamos cos nosos corpos a caer polo espazo e a enredarnos xuntos convertímonos nunha forza de movemento tecendo corazóns, tocando celmes e proporcionando a curación que é tan desesperadamente necesaria. E o desafío torna nunha soa danza, invencible e invisible. Todo o que precisamos agora é bailar un pouco máis!".





39 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Kommentare


bottom of page