Clases de baile para adultos

Danza do Ventre
A danza do ventre, tamén chamada Danza Oriental ten a súa orixe en danzas antigas tradicionais de Oriente Medio, xunto con outras do norte de África e Grecia.
Practicando este baile, entre máis cousas, poderás experimentar:
· Conexión co feminino e ancestral.
· Golpes e vibracións na cadera.
· Ondulacións co ventre, caderas e peito.
· Combinacións de movementos suaves e fortes.
Ademáis, a danza do ventre. mellorará a túa autoestima e é unha forma fantástica de traballar o abdome e o chan pélvico.

Break Dance
Esta formación en breakdance ten por obxetivo achegar as técnica de movemento, acrobacia e pasos básicos do breakdance. Traballarase sobre o control do espacio, das alturas, velocidade e ritmo, especialmente o contacto co chan e o control propio do peso corporal. Inclúe tamén exercicios de preparación física específicos para a actividade.