A bachata é un ritmo que nace nos anos sesenta nos barrios pobres da República Dominicana. Nos seus comezos era bailada en bares e burdeles, polo que foi fortemente rexeitada. A orixe de esta música reside nos boleros, en algúns ritmos africanos e no son cubano.
Na República Dominicana a palabra “bachata” utilizouse para denominar as reunións que se facían nos patios das casas onde amigos e familiares se xuntaban para comer e charlar e onde sempre se remataba cantando e bailando.
Nos anos noventa sae á venda Bachata Rosa, o coñecido disco de Juan Luis Guerra, que supón un punto de inflexión tanto no xénero musical como no baile dando lugar a dous estilos ben diferenciados de danza. Por unha parte teremos a Bachata Tradicional (ou dominicana) que se levaba bailando xa dende os anos 60, e por outro, xa no 2000 nacerá a Bachata Sensual, un novo estilo de baile que nace en Cádiz da man de Korke Escalona e Judith Cordero cando fusionaron as ténicas de danza contemporánea co baile que ata o momento se estaba a bailar.
Na actualidade ambos bailes coexisten e incluso en ocasións se fusionan dando lugar a técnicas inovadoras e bailes cada vez máis ricos en musicalidade.
Kommentare